CRTVG

Buscar

As parroquias de Ourense distribúen alimentos ás familias máis necesitadas

Publicado o 28/05/2020 14:35

Manuel, o párroco da igrexa de Santa Eufemia de Ourense, organiza coa axuda dun grupo de voluntarios e voluntarias o reparto de alimentos para as familias que o precisan. Desde o comezo do estado de alarma din que aumentou o número de peticións.

Este baixo converteuse case como un pequeno supermercado. Reciben os produtos do banco de alimentos e tamén de doazóns de empresas e particulares, ademais da axuda periódica que chega da Unión Europea. Os beneficiarios son a maioría, din, familias con varios fillos.

A solidariedade activouse desde o comezo da pandemia. Un grupo de 8 persoas dedica o seu tempo libre a axudar a moitas outras persoas que están a pasar serias dificultades.

No estado español, o risco de pobreza afecta uns dez millóns de persoas, o 21,5% da poboación, segundo o último informe Arope de 2019. En Galicia, máis de medio millón viven en risco de exclusión. A pandemia está a agravar a situación das persoas máis vulnerables.


 

Noticias web

28/05/2020