CRTVG

Buscar

As parcelas chegan tamén ás praias fluviais

Publicado o 20/07/2020 21:29

A nova normalidade aséntase tamén nas praias fluviais e é que á beira dos ríos tamén cómpre controlar a ocupación e as distancias. Nesta do Saviñao dividiron o areal en 18 parcelas e a idea agrada aos usuarios.

Tamén se seguen estritas normas co material de alugueiro que comparten os usuarios como as pedaletas, chalecos ou remos.

E como non, a prevención e a seguridade esténdese tamén ao momento de xantar ou tomar algo.

Todo isto, xunto co uso da máscara, conforman a nova normalidade das praias fluviais.
 

Noticias web

20/07/2020