CRTVG

Buscar

As pandeiretas de Ames farán unha longa viaxe ata O Xapón

Publicado o 07/08/2020 14:49

Ata O Xapón chegan as pandeiretas que constrúe un artesán de Ames. Cos seus traballos personalizados, Xosé Tunhas está a conseguir que os seus instrumentos de percusión traspasen fronteiras.

A esta pandeireta espéralle unha longa viaxe: de Ames ao Xapón.

"Hoxe en día, coas novas tecnoloxías calquera músico pode contactar con calquera construtor de instrumentos", di Xosé Tunhas. 

Ao taller de Xosé, que dende hai 15 anos constrúe instrumentos de percusión tradicionais, chéganlle encargos de medio mundo.

En todo caso, a maior parte dos pedidos son de aquí. Músicos profesionais como Sés, que quixo unhas pandeiretas negras, pero tamén moitos alumnos de escolas. Clientes que buscan personalizar os seus instrumentos. E Xosé emprega o láser para gravar logotipos ou debuxos e ás veces en vez da pel tradicional usa parches sintéticos. Di que adaptarse e achegar cousas novas é a clave do seu éxito.
A crise non lle afecta polo de agora e confía en que a música tradicional non perda o seu pulo.

Noticias web

07/08/2020