CRTVG

Buscar

As palabras escritas pola propia man de Rosalía de Castro

Publicado o 25/11/2019 16:05

Esta mañá presentouse na Real Academia Galega a edición facsimilar dos manuscritos poéticos de Rosalía de Castro. O emblemético poema A xustiza pola man presidiu a sala nesta xornada.

A publicación recolle a obra completa de Rosalía, en galego e castelán, desde La flor ata Follas novas. A isto engádense cartas, textos inéditos e outros de revistas da época baixo o título Rosalía de Castro: obra poética e manuscritos. Como novidade, a obra vén acompañada da reprodución facsimilar dos manuscritos autógrafos da autora e a súa correspondente transcrición.

Noticias web

25/11/2019