CRTVG

Buscar

As orquestras galegas, ante un futuro incerto

Publicado o 02/08/2020 15:08

Sen baile non hai festa e tampouco traballo. A inmensa maioría das orquestras galegas pasarán esta temporada alta do verán sen subir a un escenario.

A día de hoxe a lei permítelles actuar coas medidas sanitarias e de seguridade esixidas, pero durante estes meses cando soa o telefono é unicamente para cancelar actuacións.

"A orquestra París de Noia conseguimos acollernos ao ERTE, dentro do malo temos unha pequena axuda, pero outras orquestras que non puideron facelo están facendo cousas para un determinando número limitado de persoas, pero non é a esencia da verbena", asegura Xosé Antonio Blas, director xerente da orquestra.

Nin é a ensencia da verbena nin tampouco, din, rendible para as empresas, nalgúns casos con máis de trinta traballadores.

Resígnanse a dar o ano por perdido e confían en poder prolongar os expedientes de regulación de emprego máis aló de setembro.





 

Noticias web

02/08/2020