CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

As orixes galegas do presidente da Academia Arxentina de Letras

Publicado o 16/08/2015 21:29

Os apelidos do máximo representante da Academia Arxentina de Letras, Xosé Luís Moure, delatan as súas orixes galegas.
O propio académico contounos dende Bos Aires cómo sente e ve Galicia dende lonxe.

Xosé Luís Moure vela dende a presidencia da Academia Arxentina de Letras por salvagardar as peculiaridades do español da Arxentina.
Seus pais emigraron dende Sobrado dos Monxes e dende o Carballiño ata o país latinoamericano, algo que se mantén latente no corazón deste arxentino.

"Arrastro, para un gallego no es raro, una cierta nostalgia de aquella tierra que mis padres tuvieron que dejar obligadamente. Pero para mi, Galicia forma parte de mi. Sin ninguna duda".

Non fala galego, pero si segue de preto a cultura dos seus ancestros. E como amante dos idiomas, recoñece ás autoridades galegas por loitar pola lingua.

"Si advierto la encomiable decisión por parte de las autoridades culturales de Galicia y de los intelectuales de hacer todo lo posible para promover esta lengua".

Moure asegura que moitos dos seus compatriotas levan a galeguidade na memoria, nas conductas, pero tamén na vontade de que a cultura non se perda.

Na recente visita de Moure a Galicia, o concello do Carballiño iniciou os trámites para declaralo "fillo adoptivo" da vila.

Un xesto que este ilustre das letras recibiu con moita honra e emoción da terra que veu nacer ós seus pais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí