CRTVG

Buscar

As organizacóns agrarias sairán á rúa contra o veto á caza do lobo

Publicado o 25/02/2021 17:29

As organizacións agrarias das comunidades do norte, entre elas Galicia, sairán á rúa en contra do veto á caza do lobo proposta polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Esixen medidas que permitan o equilibrio entre a protección do lobo e a supervivencia das explotacións gandeiras.

Nos últimos cinco anos, a cifra de ataques do lobo ao gando disparouse máis dun 125 por cento. Son datos cos que traballa Unións Agrarias. Segundo o secretario xeral da organización, Roberto García, a proposta ministerial carece dunha base científica sólida polo que esixen a súa retirada.

O debate sobre o lobo chega este xoves ao Senado con dous ministros, o de Agricultura e o de Transición Ecolóxica, enfrontados. O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, di que a protección do lobo xa está regulada.

Onde se votou en contra da caza do lobo foi na Deputación de Lugo, ao rexeitar unha moción do Partido Popular en contra do veto á caza do lobo. Os socialistas non apoiaron a moción ao non incluír a súa emenda para que a Xunta axilizase as axudas compensatorias aos gandeiros.

Noticias web

25/02/2021