CRTVG

Buscar

Grupos independentistas cataláns convocan protestas na campaña electoral

Publicado o 01/11/2019 14:20

As organizacións máis radicais do movemento independentista preparan mobilizacións para os próximos días. Os Comités de Defensa da República, os CDR, e máis Arran, as xuventudes da CUP, queren rebentar a visita de dous días que realizará a familia real a semana que vén a Cataluña. Xa fixeron por internet un chamamento para bloquear o próximo luns pola tarde o Pazo de Congresos de Barcelona, sede dun dos actos previstos. O goberno en funcións xa anunciou que vai reforzar os efectivos policiais.

Tamén Tsunami Democrátic tenta mobilizar os seus simpatizantes e pon o foco na xornada de reflexión, o sábado 9 de novembro. Chama a desobedecer a Xunta Electoral Central e convoca para ese día unha concentración na praza de Cataluña, en Barcelona. Avisan ademais de futuras protestas os días posteriores á xornada electoral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019