CRTVG

Buscar

As oposicións do Sergas desta fin de semana volven poñer a proba os aspirantes

Publicado o 28/02/2020 17:06

Esta fin de semana volve ser decisiva para os aspirantes a unha praza no Sergas. A proba maioritaria desta volta é a de auxiliares de enfermería. Son preto de 9.000 os inscritos para as 772 vacantes ofertadas nesta especialidade.

María Jesús enfróntase este sábado á oposición e sabe que vencer os nervios vai ser clave.

Por iso é moi importante o traballo previo. Mañá será a proba de lume, que vén precedida de centos de simulacros.

E aínda así, sempre hai preguntas trampa.

Por iso, ademais dos coñecementos, hai que dominar o tempo límite en que facer o exame.

Co esforzo ás costas, a sorte está botada para todos eles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020