CRTVG

Buscar

As ONG alertan do risco de desabastecemento ante o aumento das 'ringleiras da fame' en Madrid

Publicado o 30/10/2020 15:06

Amais de consecuencias sanitarias e económicas, a pandemia deixa tamén un impacto social.

Nas últimas semanas están a aumentar significativamente en Madrid as chamadas 'ringleiras da fame'. A demanda de comida duplicouse, e as organizacións benéficas alertan da necesidade de doazóns para atender esta asistencia.

Os servizos sociais constatan que as persoas que solicitan axuda son cada vez máis novas, e aseguran que hai un novo perfil de demandantes que nunca antes precisaran acudir aos bancos de alimentos.

Noticias web

30/10/2020