CRTVG

Buscar

As ONG piden axuda para dar alimentos a todas as persoas que os solicitan

Publicado o 10/04/2020 14:43

Traballan sen descanso para poder atender as necesidades de familias sen recursos. Hoxe toca preparar o reparto para as persoas en risco que non poden saír da casa e achegarse a buscar comida. Porén os recursos no confinamento comezan a escasear.

Vida Digna fai un chamamento á solidariedade de empresas e particulares. Non queren pechar a porta, e máis nun momento no que moitas persoas perderon a súa fonte de ingresos. De feito os seus usuarios incrementáronse nun 30%, tamén como consecuencia do peche doutras entidades.

Produtos frescos e de hixiene persoal son as principais demandas.

Os voluntarios de Vida Digna tamén precisan máis medios de protección para poder seguir traballando, con seguridade e sen riscos, en favor dos máis necesitados.

Noticias web

10/04/2020