CRTVG

Buscar

As ondas superan os seis metros no litoral da Coruña

Publicado o 28/01/2020 19:30

As borrascas seguen afectando a nosa comunidade. Hoxe o peor está no mar, con ondas superiores aos 5 metros no litoral coruñés, o que fixo activar o aviso laranxa. O temporal obrigou os mariñeiros a volver facer unha parada na súa actividade ou a dedicar o tempo a outros labores.

No resto do litoral galego o aviso é de cor amarela e en terrra a xornada transcorreu co ceo gris, con chuvia feble e pouco vento. Pero a situación empeora mañá. Amenceremos cos ceo nubrado e precipitacións, que serán máis intensas no interior de Pontevedra, e no suroeste e oeste da Coruña. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020