CRTVG

Buscar

As oficinas galegas de atención ás vitimas da violencia machista contarán con traballadores sociais

Publicado o 29/10/2019 15:32

As oficinas galegas de atención ás vítimas de malos tratos incorporarán traballadores sociais a partir do mes que vén.

Confirmouno o vicepresidente da Xunta ao rematar a sesión da Comisión Mixta co Tribunal Superior de Xustiza. Estas oficinas, implantadas nas sete cidades da comunidade, contan xa con gabinetes de atención picolóxica.

Alfonso Rueda apuntou que, unha vez consolidadas nas áreas urbanas, o resto de partidos xudiciais de Galicia irá incorporando tamén oficinas semellantes.

Noticias web

29/10/2019