CRTVG

Buscar

As obras na catedral de Santiago entran na recta final

Publicado o 16/01/2020 21:35

Á vista ou camuflados, ducias de operarios traballan a diario na catedral de Santiago. O templo leva tres anos en obras, e quedan aínda meses para rematar o que se planificou como unha restauración integral sen precedentes. Do exterior e do interior do templo.

Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral: "Non é unha limpeza de cara. É unha intervención moi importante, onde se analizan todas as patoloxías, todos os problemas que hai e búscanse os mellores modos de afrontar o proceso de restauración".

Nunha primeira fase cambiáronse as cubertas da catedral. Agora os traballos céntranse no interior.

"As bóvedas están todas novas, fíxose a limpeza de toda a pedra, o rexuntado é todo novo, faltan por rematar algúns enxertos".

A semana que vén empezan os traballos de restauración da capela maior, onde está a figura do apóstolo sedente que cada ano abrazan milleiros de persoas. As obras avanzan ao ritmo previsto. Teñen que estar rematadas antes do 31 de decembro. O obxectivo é que o Ano Santo de 2021 arranque co templo completamente renovado".












 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020