CRTVG

Buscar

As obras máis persoais de Faílde na Fundación Laxeiro en Vigo

Publicado o 08/07/2019 15:52
As obras máis persoais de Faílde na Fundación Laxeiro en Vigo

O traballo en pedra máis persoal de Antonio Faílde pode verse estes días na Fundación Laxeiro en Vigo. Deste xeito a fundación súmase ás actividades do ano Faílde.

Anatomía da pedra é o título desta exposición, que recolle esculturas feitas por propia iniciativa do autor, sen seren encargos de terceiros. E por iso, son consideradas obras moito máis persoais. Faílde foi o único escultor do grupo Os novos e participou con Laxeiro, Maside ou Díaz Pardo na famosa exposición Artistas Gallegos organizada en Bos Aires no ano 1951.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019