CRTVG

Buscar

As obras do AVE na estación de Ourense afectan ata o martes máis de 40 conexións

Publicado o 04/10/2019 15:05

A chegada e a saída dos trens prodúcese estes días en Ourense entre intensos traballos na estación de ferrocarril. As obras de adaptación para a chegada da alta velocidade afectaranlles ata o vindeiro martes a 43 convois que teñen a estación de Ourense no seu percorrido. Os usuarios terán que facer parte do seu traxecto en autobús. Renfe ocuparase do seu traslado.

Estes traballos nas vías e apeadoiros coinciden, ademais, coas obras de construción do aparcadoiro soterrado da estación, o que está a provocar alteracións do tráfico no barrio da Ponte, coas conseguintes molestias para veciños e comerciantes.

Será entre o luns e o martes da vindeira semana cando se produzan un maior número de incidencias, especialmente nos trens que circulen a primeira hora da mañá e a última hora da tarde.

Noticias web

04/10/2019