As obras de restauración da catedral de Santiago descobren novos achados arqueolóxicos
Levou moitos anos de traballo. No 2017 comezaron as obras de restauración e rehabilitación da catedral de Santiago e non remataron ata este ano 2021. No camiño o templo non só sacaba á luz a súa mellor faciana senón que devolveu sorpresas impensables. Pezas que noutrora non chegaron a formar parte do conxunto escultórico e arquitectónico e que hoxe emerxen para reforzar aínda máis o valor histórico e patrimonial da catedral.
Nas obras da cripta apareceron pezas escultóricas pertencentes ao coro pétreo do Mestre Mateo, relacionadas coa degolación dos Santos Inocentes e que aínda conservan a súa policromía. Tamén se atoparon anacos de dovelas de arcos, tumbas, partes da fachada románica e mesmo fornos de fundición de campás, posiblemente coetáneos á construción do templo.
En total, 30 pezas que están agora expostas ao público no museo da catedral.