CRTVG

Buscar

As obras da intermodal de Santiago poderían estar rematadas antes de que comece o Xacobeo

Publicado o 20/04/2020 15:26

As obras da intermodal de Santiago de Compostela avanzan a bo ritmo e poderían estar rematadas antes de que comece o Xacobeo.

Asegurouno a conselleira de Infraestruturas tras manter unha xuntanza por videoconferencia co alcalde de Santiago e con responsables de ADIF. Ethel Vázquez dixo que agora mesmo a prioridade é cumprir as normas de seguridade para evitar contaxios, pero avanzou que o 60% das obras da terminal de autobuses xa está rematado e a pasarela que a conectará coa cidade está a un nivel de execución do 15 por cento.

Noticias web

20/04/2020