CRTVG

Buscar

As obras da bancada de Marcador xa se aprecian dende o exterior de Balaídos

Publicado o 19/08/2021 10:36

En Balaídos continúa a demolición da bancada de Marcador. Os traballos aprécianse xa dende o exterior do estadio. Vanse demoler 10.000 toneladas de formigón, as que conforman esta vella estrutura do coliseo vigués.

Está previsto que o proceso dure arredor de dous meses. A nova bancada, cun investimento que supera os 15 millóns de euros, estará a carón do terreo de xogo.

Noticias web

19/08/2021