As novas tarifas eléctricas desde xuño obrigan a estar pendentes do reloxo
"O consello básico é concentrar o consumo nas horas baratas, ter moi claro cales son as caras, as baratas e cales as intermedias. A diferenza é moi grande, do triple de prezo", di Jorge Morale de Labra, director de Próxima energía
Carlos Andreu , profesor de EAE explica que "se queres baixar a factura da luz hai que cambiar un pouco os hábitos. Eses electrodomesticos de alto consumo, que é a a lavadora, unha secadora e pouco máis, se podes, pono na fin de semana".
Xuño chega con novas tarifas eléctricas que nos obrigan a familiarizarnos con tres franxas horarias para evitar sustos maiores.
A luz vai ser máis cara se o consumo se fai entre ás dez da mañá e as dúas da tarde ou entre as seis da tarde e as dez da noite.
Terá un prezo intermedio entre as oito e as dez da mañá, desde as dúas ás seis da tarde e das dez ás doce da noite.
A tarifa máis barata atoparémola dende as doce da noite ás oito da mañá de luns a venres e durante toda a fin de semana e nos festivos estatais.
A nova tarifa chega nun momento en que o prezo da luz segue á alza. O Consello de Ministros intentará frear esta escalada cunha reforma normativa que quere limitar o beneficio das empresas.
Dende o Goberno galego consideran que o executivo central "improvisa" e carece
dunha política de transición enerxética planificada.