CRTVG

Buscar

As novas restricións deixan a hostalería e o pequeno comercio ao límite

Publicado o 26/10/2020 12:34

As novas restricións para conter a pandemia están deixando moitos sectores ao límite, como a hostalería ou o pequeno comercio. Os expertos advirten da destrución de 300.000 empregos de aquí a decembro.  Serían 150.000 despedimentos, segundo calculan os xestores administrativos. E outros 150.000 autónomos que pecharían o negocio.

As novas restricións en lugares como Santiago nótanse a simple vista, nos negocios pechados, máis do 80%. Non lles compensa abrir estes 15 días só coa terraza. E advirten: xa non aguantan moito máis.

A situación repítese en moitas cidades españolas e a hostalería comeza a organizarse con protestas.
Tamén hoteis, comercios, cultura e todas as actividades de ocio seguen moi afectadas. Os que coñecen de preto a situación das empresas cren que moitas optarán xa por despedimentos antes de solicitar un novo ERTE.

Os autónomos galegos certifican que esta crise ten un efecto dominó que irán notando todos os sectores, e piden a axuda aos consumidores.

Iso unido ás axudas directas e rebaixas fiscais que reclaman das administracións.

Noticias web

26/10/2020