CRTVG

Buscar

As novas eleccións da patronal galega poderían adiarse máis aló do 15 de xaneiro

Publicado o 03/12/2020 10:35

Novo episodio na liorta interna da Confederación de Empresarios de Galicia. Nun comunicado interno, a secretaría da entidade dubida de que as novas eleccións á presidencia da patronal galega se poidan facer o 15 de xaneiro, tal e como se anunciou.

Os técnicos sinalan que os estatutos fixan un prazo de 40 días entre a convocatoria e a data da elección, que non sen cumpren polos moitos festivos destas data. Por iso din que debe haber unha reunión previa da xunta directiva.

Fontes dos vicepresidentes sinalan que estes defectos de forma pódense paliar coa convocatoria esta mesma semama dun comité de urxencia, dada a excepcional situación da patronal galega.

Noticias web

03/12/2020