CRTVG

Buscar

As novas camisetas do Deportivo locen raias horizontais

Publicado o 11/07/2019 20:48

Xa coñecemos como van ser as camisolas do Dépor para esta temporada. O que máis chama a atención é que por vez primeira, en 113 anos de historia, o equipo vai lucir raias en sentido horizontal. Xa o fixeran no pasado equipos de atletismo e ciclismo vinculados ao Dépor, pero nunca o equipo de fútbol. Como segundo e terceiro equipamento vestirá a clásica branca coa bandeira galega e outra de cor verde. O debate sobre este cambio de look está servido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019