CRTVG

Buscar

As novas aplicacións centrarán o II Congreso Internacional de Drons en Ourense

Publicado o 30/04/2018 14:54

Se son afeccionados aos drons teñen unha cita en Ourense. Medio cento de expertos relacionados con este mundo vanse dar cita na cidade das Burgas a finais de maio.

Será no segundo congreso internacional centrado no futuro destas aeronaves. Nel presentarase un plan estratéxico para o desenvolvemento do sector civil dos drons en España. Abordaranse as novidades lexislativas tanto no ámbito nacional como europeo. Tamén se dará conta das aplicacións prácticas en diferentes sectores.

Noticias web

30/04/2018