CRTVG

Buscar

As noticias falsas que circulan pola Rede sobre as sancións da nova Lei de tráfico

Publicado o 17/09/2021 15:50

Poden poñerme unha multa por levar o móbil na man aínda que non o use?

Si. Poden sancionarnos non só por falar ou utilizar o móbil, tamén nos poden multar por levalo suxeito na man aínda que non se estea usando. Ademais da multa, o condutor terá unha perda de puntos no carné que sobe dos 3 aos 6 puntos.

Ten sanción estar parado co motor aceso do coche?

Non. A DXT desmentiu unha noticia falsa, que corre como a pólvora pola Rede, que di que nos multarían con 100 euros por quedar co coche prendido mentres este estea parado. Isto é falso.

Teño que levar casco se vou en patinete eléctrico?

Si. É unha das novas normas que contempla a nova lei, que aínda está en trámite parlamentario. Quere establecer a obriga de utilizar casco para conducir vehículos de mobilidade persoal, especialmente patinetes.

E que pasa se fumo ao volante?

A DXT tamén tivo que desmentir que se multe por fumar ao volante. Puntualiza a Dirección Xeral de Tráfico que fumar mentres se conduce non é ilegal, aínda que pode chegar a selo se dá lugar a distraccións ou se se pon en risco a seguridade doutros usuarios da vía.

Noticias web

17/09/2021