CRTVG

Buscar

As notas de corte para o acceso ás universidades galegas coñeceranse o once de agosto

Publicado o 30/07/2020 22:35
As notas de corte para o acceso ás universidades galegas coñeceranse o once de agosto

Ata o vindeiro once de agosto non se coñecerán as notas de corte para o acceso ás universidades galegas. Desa data seguro que estarán moi pendentes os milleiros de estudantes que o mes de xuño realizaron as probas da ABAU.

Segundo a Comisión Interuniversitaria de Galicia, será ese día cando se publiquen as puntuacións que pechan a listaxe de admitidos en cada grao. Esas notas defínense en función do número de prazas e da nota lograda polos aspirantes.

Este ano as probas da antiga selectividade, malia estaren marcadas pola crise sanitaria, foron das máis concorridas dos últimos cursos, aínda que baixou en tres puntos a porcentaxe de aprobados.

Noticias web

30/07/2020