CRTVG

Buscar

Que podemos e que non podemos facer os galegos este Nadal?

Publicado o 17/12/2020 15:36

Unha semana antes de que se celebre o Nadal seguimos tendo dúbidas sobre o que podemos e non podemo facer. Non temos claro cantos podemos xuntarnos, de cantas unidades diferentes poden ser, como se deben constituír as famosas burbullas e tamén se podemos visitar, por exemplo, os pais en Noiteboa e os sogros en fin de ano. Se os nenos computan ou non é outra das cuestións que non temos claras.

No vídeo que acompaña esta noticia intentamos darlles resposta a todas e cada unha destas preguntas.

Enténdase por unidade familiar as persoas que conviven na mesma casa. Primeira recomendación que, se se pode, deberiámola facer norma: que as ceas e comidas de Nadal sexan dunha soa unidade familiar. Neste caso non hai límite de persoas.

As dúas unidades familiares están permitidas de non ser posible a única unidade de conviventes. Tampouco aquí hai límite de persoas. Iso si, cómpre neste extremar as medidas de distanciamento e uso da máscara.

As tres unidades familiares non están permitidas, só contempladas en situacións de excepcionalidade.Algo tan común como ir en Noiteboa á casa dos pais e en fin de ano á dos sogros tampouco se pode facer. As unidades teñen que ser estables.

E para parar o contaxio, non por repetitiva, hai que deixar de dicila. A mellor recomendación para este Nadal, volver á primeira: quedar na casa cos conviventes.

 

 

 

 

Noticias web

17/12/2020