CRTVG

Buscar

As negociacións entre PSOE e Unidas Podemos quedan estancadas sen xuntanzas previstas

Publicado o 23/07/2019 10:14

O arranque do debate de investidura coincide cun estancamento das negociacións entre o PSOE e Unidas Podemos. A última xuntanza dos equipos negociadores foi onte pola noite, e, de momento, non hai outra prevista. Os de Pablo Iglesias lamentan que os socialistas lles estean ofrecendo unha vicepresidencia de carácter simbólico ou ministerios de nova creación, como o de Xuventude, con menos competencias das que eles reclaman. Desde o PSOE amósanse máis optimistas, pero non contan con que haxa acordo antes do xoves.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019