CRTVG

Buscar

Podemos lamenta que o PSOE non ceda na negociación para a formación de goberno

Publicado o 22/07/2019 11:57

Podemos cuestionou este luns a verdadeira vontade do PSOE de formar un goberno de coalición con eles porque non están dispostos a ceder nin un só dos ministerios que ten non actual gabinete e ofrecen converte en carteiras algunhas "secretarias de Estado", incluido un Ministerio de Infancia.

As negociacións contra o reloxo e in extremis precipitáronse tras a renuncia o venres pasado do líder de Podemos, pero desde a formación mroada lamenta que non ven nos socialistas vontade de cederlles competencias, de forma que non terían ningunha capacidade para cambiar as políticas pese a estar sentados no Consello de Ministros.

As conversas nestes momentos están estancadas e non se falou de posbles ministrables nin tampouco do número de departamentos que podería controlar Podemos, aínda que si trascendeu que o PSOE ofreceu unha vicepresidencia "simbólica", segundo fontes próximas ao partido de Pablo Iglesias.

Por iso, se a situación non se desbloquea, Podemos non descara posicionarse cun "non" mañá na primeira votación da investidura de Sánchez.

O candidato socialista ofrece o seu discurso de investidura hoxe ás doce do mediodía e xa pola tarde será quenda da resposta de Pablo Iglesias. 

No discurso de investidura Sánchez falará de emprego digno, da transición dixital, de feminismo e do desafío climático. Son os eixes sobre os que o candidato socialista artella a súa intervención sobre un programa de goberno que o PSOE considera dirixido a unha ampla maioría. O discurso será tamén o termómetro da marcha das negociacións con Podemos, que se retoman a primeira hora desta mañá. Negociacións que precipitaron case tres meses despois, tras a renuncia do líder de Podemos.

Hai gran expectación tamén polo discuso de Iglesias, que intervirá pola tarde, despois de Casado e Rivera. O líder de Podemos fala hoxe en público por primeira vez tras o veto do PSOE. Coas negociacións aínda sen pechar, o discurso e a votación poderían ser usados como un xesto cara ao PSOE. Un PSOE que trata de limar asperezas. Durante as últimas horas expresaban a súa confianza en que haberá un goberno de coalición.

Polo PSOE negocian Adriana Lastra, Carmen Calvo e tamén a ministra en funcións de Facenda, María Xesús Montero; e por Podemos Irene Montero e Pablo Echenique -sobre os que se especula que poderían ser ministrables-, e un xefe de gabinete do propio Iglesias. Negociacións que se seguen de preto dende Galicia.

Da conformación da coalicíón dependerá a posición de partidos coma o PNV, e tamén Bildu ou Esquerra. Se mañá non se logra maioría absoluta, a abstención destes partidos podería resultar determinante para que Sánchez saia investido con maioría simple o xoves que vén.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019