CRTVG

Buscar

As negociacións do PSOE con Esquerra xeran tensión no taboleiro da política

Publicado o 24/11/2019 21:18

Pedro Sánchez recibía esta fin de semana a carta branca da militancia socialista para o acordo de goberno PSOE-Unidas Podemos e o seguinte reto é salvar o atranco de Esquerra Republicana

Desde Cataluña, Miquel Iceta respondía á última proposta dos independentistas apostando por un diálogo efectivo entre os gobernos do Estado e da Generalitat: "As negociacións pódense establecer nos parlamentos, entre gobernos ou entre partidos. Se se quere facer entre gobernos, o mellor é utilizar os mecanismos que o Estatuto de Automía prevé, entre eles unha comisión bilateral Estado-Generalitat. Eu faríao aí. Sobre quen debe de participar nunha negociación, eu sempre digo que os presidentes adoitan reservarse para o final e déixase que ao principio o esforzo para rozar o terreo o fagan persoas que non teñan a máxima responsabilidade".

Desde o PP e Ciudadanos expresan a alarma ante as negociacións para formar goberno. O Partido Popular esixe transparencia e pregunta "cantas liñas vermellas" está disposto a traspasar Pedro Sánchez.

"Desde o partido líder da oposición esixímoslle formalmente ao señor Sánchez que poña luz e taquígrafos ás negociacións cos separatistas. Hoxe os españois non sabemos que está disposto a ceder o señor Sánchez con tal de seguir na Moncloa e iso é unha humillación para España e tamén é vergonzante para o Partido Socialista Obreiro Español", sinalaba Pablo Montesinos, vicesecretario de Comunicación do PP.

Mentres, Begoña Villacís, de Ciudadanos, explicitaba as súas preocupacións: "Lamentamos moito que os dous retos grandes que vai haber neste país nos próximos tempos, que van ser a crise económica e a crise territorial, se vaian afrontar da man de Podemos e de Esquerra".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/11/2019