As néboas nas vilas da costa enchen de visitantes Santiago de Compostela
Publicado o 19/07/2021 14:40
A chegada de visitantes a Santiago non cesa. O turismo vai recuperando pouco a pouco o seu pulso e as rúas ateigadas son unha estampa xa habitual nestas semanas.
En días coma o de hoxe, no que as néboas impiden gozar dunha xornada de praia, son moitos os que aproveitan para achegarse ata a cidade, algo que notan ben no sector do comercio e a hostalaría.
A ampla oferta de ocio que ofrece a cidade é a que atrae a todos eses turistas, que este ano proveñen sobre todo do territorio nacional.