As navieiras que viaxan ás Cíes xa non teñen billetes ata setembro
Publicado o 02/08/2019 21:01
Fixeron ben os máis previsores porque as navieiras que viaxan ás Cíes xa non teñen billetes ata setembro. As visitas diarias son as máis demandadas pero practicamente é imposible conseguilas ata finais deste mes de agosto. Só quedan uns poucos horarios dispoñibles.
Uns veñen e outros van. Os máis, por primeira vez. Hainos tamén que levan collendo o barco toda a vida.
Todos previsores, porque recén estreado o mes de agosto apenas quedan uns poucos billetes para visitar as illas Cíes este mes.
Un verán máis, a elevada demanda volve situar o arquipélago da ria de Vigo entre os destinos preferidos da temporada.
Para quen poida, setembro está á volta da folla do calendario.