CRTVG

Buscar

As navieiras que viaxan ás Cíes inauguran a Semana Santa con boas perspectivas

Publicado o 13/04/2019 22:52

As navieiras que conectan coas illas estrean hoxe a tempada regular de viaxes dende Vigo e Cangas. Durante a Semana Santa é preciso solicitar unha autorización de visita, na central de reservas da Xunta, antes de mercar o billete de barco. O tempo non acompaña pero, aínda así, moitos barcos van ao 50 por cento de ocupación. O reclamo das Cíes segue medrando.

En días coma este, as visitas guiadas que ofrecen as naivieiras, co prezo da pasaxe, convértense na mellor opción. Hai roteiros, con distintos graos de dificultade, para descubrir os principais tesouros do Parque Nacional.

Pasear en silencio para gozar da tranquilidade de estar nun espazo privilexiado rodeado polo mar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019