As mutuas e empresas tamén poderán vacinar contra a covid
Publicado o 19/04/2021 14:27
O Goberno vai permitir que as empresas tamén vacinen contra a covid. Están ultimando un convenio coas mutuas para reforzar a campaña de inmunización, pero en ningún caso poderán mercar doses pola súa conta.
Os empresarios viñan reclamando dende hai meses esta colaboración público-privada, que xa fixeron algúns países como Israel.