CRTVG

Buscar

As multas dos drons poderían ser ilegais

Publicado o 20/08/2019 20:08

Dende comezos deste mes, a DXT está usando drons para multar as infraccións de tráfico. Automovilistas Europeos Asociados di que estas multas non son legais e recomenda aos condutores que as recorran.

 "Neste momento os drons non están sometidos a un control metrolóxico que certifique o seu correcto funcionamento e ademais que non haxa inalterabilidade das imaxes e polo tanto puidera dar lugar a feitos que poidan aparecer como infractores e que non o sexan. Asi que non estamos de acordo con que se usen este tipo de aparatos salvo que a infracción sexa observada directamente pola Garda Civil", di Mario Arnaldo, Presidente de Automobilistas Europeos Asociados.

Tráfico asegura que 3 drons pasaron os controis metrolóxicos. Pero a asociación de defensa dos condutores di que só foron ensaios voluntarios sen valor xurídico.
Cren ademais que aumentar a presenza da Garda Civil na estrada sería máis útil para evitar accidentes que usar drons.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019