As mulleres que traballan na industria son as máis afectadas polo peche da fronteira con Portugal
Andreia vive en Ponte da Lima e traballa en Goián. Cada vez que pecha a fronteira, conduce dúas horas ao día e suma 75 euros máis á conta de 200 euros de peaxe e combustible.
Unha das causas dos rodeos quilométricos que afrontan moitos cidadáns da raia é o peche da ponte entre Goián e Vilanova de Cerveira. O paso fronteirizo está clausurado desde o pasado 31 de xaneiro. É a segunda vez que ocorre desde que comezou a pandemia".
As mulleres da industria constitúen o perfil maioritario das persoas afectadas polo peche da fronteira con Portugal, segundo o estudo do rexistro que está a elaborar a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Río Miño, integrada por 26 municipios e a Deputación de Pontevedra. O documental 'Confinados no Río Miño' reflicte as súas historias.
Esta axencia de cooperación cifrou en 92 millóns de euros as perdas dos concellos asociados durante o primeiro confinamento. Neste segundo peche só a ponte internacional de Tui permanece aberta 24 horas e as de Arbo e Salvaterra, seis horas ao día.