CRTVG

Buscar

As mulleres precisan traballar dez anos máis para gañar o mesmo que os homes

Publicado o 19/02/2019 15:17
As mulleres precisan traballar dez anos máis para gañar o mesmo que os homes

Reflíctese no informe que acaban de publicar os sindicatos CC OO e UXT, e en que coincide para Galicia a Centra Sindical Galega, CIG. Segundo estes datos, as mulleres recibiron unha retribución arredor dun 22 % inferior á dos homes. Curiosamente, esta brecha é superior nos contratos indefinidos que nos temporais.

En Galicia, o 37 % das mulleres asalariadas acadaron ingresos inferiores ao salario mínimo interprofesional, e o 20,5 % non chega nin á metade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2019