CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

As mulleres maltratadas en situación de urxencia serán acollidas en 24 horas

Publicado o 17/06/2013 21:14


Comunidades e Ministerio acordaron máis de douscentas cicuenta accións de coordinación contra os malos tratos á muller. Aprobaron a Rede Nacional de Centros de Acollida, á que se sumarán os de Galicia e resto de España cunha premisa. Dar cobertura, en menos de 24 horas, a calquera muller maltratada en situación de urxencia.


O Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, despois da xuntanza no Ministerio, quixo deixar claro que as novas medidas aprobadas serán básicas para dar cobertura e tranquilidade ás mulleres vítimas da violencia de xénero e pediu a calquera que sexa agredida, que denuncie o antes posible.

Comunidades e Ministerio repartiranse catro millóns de erusos para a asistencia a vítimas e os seus fillos. En total, no Plan de Erradicación da Violencia, investiranse máis de 1500 millóns de euros.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

17/06/2013