CRTVG

Buscar

As mulleres iranianas acceden por primeira vez a un estadio de fútbol, aínda que separadas dos homes

Publicado o 10/10/2019 19:24

As mulleres asistiron este xoves por primeira vez desde a Revolución Islámica de 1979 a un partido de fútbol en Teherán, grazas a unha exención que por agora só se aplíca aos encontros da selección masculina de fútbol, que tenta agora clasificarse para o Mundial de Qatar en 2022. Entre 3.500 e 4.000 mulleres adquiriran entrada para o partido entre Irán e Cambodia, segundo os medios locais. O acceso, con todo, non foi libre, xa que o público feminino estivo en bancadas especiais onde só había policías e persoal médico mulleres. Ademais, aínda persisten certos vetos, por exemplo o que impide ás mulleres acreditarse como fotógrafas para captar imaxes do partido, a pesar de que o Ministerio de Deporte prometeu que tamén se eliminarán as desigualdades en cuestións de acceso para prensa. O réxime ultraconservador que controla Irán aplicou estritas normas sociais durante este últimas catro décadas, en virtude das cales as mulleres quedaron nun segundo plano en eventos públicos. Algunhas mulleres tentaron sortear estas prohibicións entrando disfrazadas nos estadios, un activismo que derivou en traxedia o mes pasado coa morte dunha muller que se prendeu lume tras ser condenada por tentar saltarse as leis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019