CRTVG

Buscar

As mulleres están infrarrepresentadas nas áreas de dirección da medicina

Publicado o 04/03/2020 15:22

É a coordinadora da Unidade de Imaxe Cardíaca do CHUS, pero tamén vogal da Sección de Imaxe Cardíaca e membro do Comité Científico da Sociedade Española de Cardioloxía. Tres cargos de responsabilidade que resumen a valía desta valenciana residente en Galicia. Toda unha excepción nun sector en que predominan as mulleres, pero que dominan os homes.

Amparo Martínez Monzonís, coordinadora da unidade de Imaxe Cardíaca do CHUS: "Na facultade de Medicina aproximadamente o 25% son varóns, o resto mulleres. E con todo é pouco frecuente atopar mulleres xefas de unidade e por suposto xefas de servizo. No noso servizo hai un total de 8 unidades das que en só dúas estamos á fronte mulleres. Nós imos demostrando que o podemos facer, o problema é que cando chegas tes que poñer o plus, como son muller, téñoo que facer tan ben coma se fose un varón, non, mellor. A nós, durante uns anos, penalízasenos pois determinadas baixas maternais e por outro lado creo que hai unha tendencia a crer que os homes o fan mellor, ou non sei moi ben que pode ser isto, aínda que realmente cando estamos á fronte coido que demostramos que o podemos facer perfectamente".

Na súa opinión, as mulleres empatizan cos pacientes, saben achegarse mellor a eles e teñen unha capacidade organizativa maior, calidades todas que fan moi positiva a presenza feminina.

Noticias web

04/03/2020