CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

As mulleres españolas cobran un 13% menos ca os homes polo mesmo traballo

Publicado o 02/03/2018 14:47

As mulleres españolas cobran de media un 23% menos que os homes. Boa parte desa diferenza débese a que son elas as que na súa maioría aplican unha redución de xornada para conciliar a vida familiar coa laboral. A asociación galega de executivas presentou hoxe un estudo que revela que se se aparta esa carga social, e se compara o que cobran un home e unha muller realizando exactamente o mesmo traballo, a diferenza é do 13%. Recomendan denunciar ante a maxistratura estas discriminacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí