As mulleres arrasan nos Premios do Comercio Galego 2018
Os Premios do Comercio Galego distinguen os establecementos, a nivel provincial e autonómico, que sexan innovadores e diferenciadores na xestión e na súa achega ao mundo virtual. Desta volta foi o negocio Do Mar ao Prato, o que levou o galardón a nivel galego pola súa aposta pola calidade do noso produto e pola súa dixitalización.
Uns premios que teñen como obxectivo poñer en valor o comercio de proximidade, que busca agarimar os clientes coa mellor atención e especialización. Este ano uns premios con marca feminina porque cinco dos seis recaeron en mulleres, como subliñou o conselleiro de Economía.
Ao acto acudiron tamén a conselleira de Igualdade e a directora xeral de Comercio. Uns galardóns que poñen de manifesto que o futuro do noso comercio de proximidade está nas mellores mans.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí