CRTVG

Buscar

As mulleres afgás maniféstanse para reivindicar os seus dereitos

Publicado o 03/09/2021 12:49

En Afganistán, as mulleres saíron á rúa para pedir aos talibáns que lles devolvan os dereitos roubados: traballo, educación e presenza política; que as teñan en conta á hora de formar o novo Goberno. A protesta prolongouse durante horas en Herat, no oeste do país. E foi promovida por empregadas do Goberno e activistas polos dereitos das mulleres. Foi unha manifestación inédita dende que os talibáns tomaron o poder o pasado 15 de agosto.

Noticias web

03/09/2021