As mulleres do mar reivindican o seu papel ante o 8 de marzo
Publicado o 05/03/2019 15:42

Na semana en que se conmemora o oito de marzo, mulleres vinculadas coa actividade pesqueira reivindican o seu papel e a súa achega ao sector.
Nunha xuntanza coa secretaria xeral de Igualdade, representantes da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca avogaron por un maior recoñecemento das mulleres profesionais do mar. Tamén piden unha participación efectiva en órganos representativos e decisorios do sector.