CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

'As miñas primeiras Letras Galegas' cos Bolechas

Publicado o 02/05/2018 17:02

A Real Academia Galega acolleu hoxe a presentación dun novo título da colección 'As miñas primeiras Letras Galegas' dos Bolechas, unha das series de animación con máis éxito da Televisión de Galicia.

O deste ano está dedicado a María Victoria Moreno. Pero o acto serviu tamén para presentar un novo traballo audiovisual dos Bolechas dentro da colección 'As miñas primeiras Letras Galegas'. Varios escolares do CEIP Cidade Vella da Coruña viron en primicia o capítulo baseado no libro 'Mar adiante' da autora homenaxeada. Tamén inclúen unha pequena biografía de María Victoria para achegar a súa figura aos máis pequenos.

Zigzag Diario

02/05/2018