CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

As 'Meninas de Canido', en Ferrol, agardan a chegada de Bansky

Publicado o 01/09/2017 21:01




O barrio de Canido, en Ferrol, volve encherse de arte urbana esta fin de semana. Volven as 'Meninas de Canido' en que participarán 80 artistas entre pintores e músicos. Este ano amais fíxose un chamamento internacional para que o artista británico que agocha a súa identidade baixo o alcume de Bansky se sume coa súa propia versión do cadro de Velázquez.

As 'Meninas de Canido', en Ferrol, teñen un espazo reservado para o enigmático artista urbano de fama internacional Bansky.

Se finalmente Bansky se suma uniríase ás máis de 340 versións do cadro de Velázquez que decoran as rúas do barrio. Unha pinacoteca ao aire libre que naceu en 2008 e que foi medrando coa contribución de máis de 1.500 artistas chegados de diferentes países transformando tamén a vida dos veciños.

Oitenta artistas entre pintores e músicos deixarán este ano a súa pegada no barrio.

As 'Meninas de Canido' está declarado pola UNESCO como "Itinerario cultural dentro de Galicia".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí