CRTVG

Buscar

As memorias dunha muller humilde que axudou a crear un emporio

Publicado o 11/06/2021 14:38

Oliva Figueira presenta esta tarde  'Amor pola vida', o seu libro de memorias. Esta muller, nada nunha aldea do concello coruñés de Frades, no seo dunha familia moi humilde, axudou, ao longo de moitos anos de traballo duro, a crear un dos emporios empresariais máis importantes de Galicia: o Grupo Caamaño.

Consciente de que a súa vida cambiou moito, di non sentirse diferente do resto da xente, xa que segue a traballar con esa filosofía baseada na cultura do esforzo. Unha experiencia que agora presenta nun libro cargado de emocións, sentimentos e actitudes. 

Noticias web

11/06/2021