As medalleiras de Santiago reclaman recuperar os seus postos na contorna da catedral
As 12 medalleiras que históricamente desenvolven a sua actividade na contorna da catedral, levan desde o 11 de maio sen poder exercer o seu traballo. A nova ordenanza municipal que regula a venda ambulante deixou sen efecto os permisos que tiñan concedidos. As novas bases prohiben a instalación de postos na contorna da Catedral por cuestións estéticas. Unha decisión que non entenden e apelan á sua tradición histórica.
A nova ordenanza resitúa os postos noutras prazas, onde aseguran que se vai xerar conflito de intereses coas tendas de recordos. Están molestas ademais porque no novo concurso non lles recoñeceron a puntuación de postos históricos e sitúanas en igualdade de condicións que outras persoas que nunca exerceron a actividade.
As medalleiras acoden todos os dias á praza do Obradoiro para facerse ver e oír. Durante a protesta esta mañá achegouse o alcalde de Santiago para interesarse polas súas demandas. Pediulles calma ata que finalice o prazo de alegacións o día 28, pero elas reclaman solucións urxentes polo prexuízo económico que están a sufrir.