CRTVG

Buscar

ADICAM, CLUN e Ángeles Carmona, Medallas Emilia Pardo Bazán

Publicado o 01/08/2019 19:14

O Goberno galego tamén acordou o nome das galardoadas coa Medalla Emilia Pardo Bazán na súa primeira edición. Con esta distinción queren recoñer o traballo de persoas ou institucións a prol da igualdade entre homes e mulleres.

Unha das tres Medallas Emilia Pardo Bazán é para a Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama, ADICAM, que dende Cangas do Morrazo e con 1.400 socias, destaca a Xunta, é un referente galego no apoio aos doentes deste cancro.

Galardón tamén para as Cooperativas Lácteas Unidas, que no 2013 puxo en marcha o programa 'Mulleres de Seu', para impulsar a participación das cooperativistas nos órganos de decisión.

A terceira Medalla será para Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero. En Galicia participou en iniciativas como a campaña para a prevención da violencia de xénero no ámbito veciñal.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/08/2019