CRTVG

Buscar

As matronas pídenlle á Xunta que manteña a sala de partos de Verín

Publicado o 26/11/2019 21:31

Un grupo de matronas manifestouse esta tarde en Santiago contra a supresión da sala de partos do Hospital Comarcal de Verín, anunciada para o próximo mes de decembro.

A Asociación Galega de Matronas convocou esta protesta durante a celebración dunha xornada sobre saúde reprodutiva. Este colectivo reivindica a súa profesionalidade, e defende que parir en Verín sempre foi seguro para as nais e para os bebés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/11/2019